BENVIDA AOS MEMBROS DO CLUB DE CIENCIA DO CURSO 2024-2025
lunes, 28 de octubre de 2024
Inauguración Club de Ciencia Baiociencia
miércoles, 23 de octubre de 2024
AS MARISCADORAS E AS REDEIRAS: SECTORES PROFESIONALIZADOS
O 15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñeceu á asociación de redeiras O Fieital de Malpica pola súa achega na innovación no sector pesqueiro e acuícola cun terceiro premio nesta categoría. Hoxe, nós organizamos unhas charlas para dar a coñecer ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO o traballo destas mulleres da man dunha delas, Ángeles, secretaria de ANMUPESCA, que xunto con Jaqui, mariscadora e patroa de barco de Camariñas nos contaron a realidade da súa profesión.
Angeles describiu o traballo das redeiras, ensinounos artes e aparellos de pesca coas que traballan, comentounos como se desprazaban a traballar a zonas de Galicia onde non hai estas profesionais, actividades arredor das redes que xa non se usa para darlles unha segunda vida e labores de divulgación e formación que realizan dentro e fóra da nosa comunidade. Rematou subliñando o papel referente da asociación de redeiras de Malpica ao ser a primeira en constituírse en España tras o accidente de Prestixe e cuxa loita conseguiu para este sector a cualificación profesional da súa actividade.
Pola súa banda, Jaqui contounos en que consiste o marisqueiro, que especies colleitan e como as recollen, os aparellos que empregan ou como se protexen das inclemencias metereolóxicas. Tamén este labor, grazas ao asociacionismo pasou de ser un complemento da economía familiar de coidadoras da familia á profesionalización.
Esta actividade, que nos fixo chegar A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA), compleméntase cunha exposición fotográfica que leva por título As mulleres da pesca: traballo invisible, pero esencial constituída por trinta fotografías de mulleres desenvolvendo o seu traballo coas redes ou de marisqueo, e que teremos no noso Centro ata finais de mes.
Con esta dobre acción quixemos contribuír á divulgación e ao recoñecemento do papel que desempeñan as mulleres do rural en xeral, e o destas profesionais do mar, en particular.
miércoles, 16 de octubre de 2024
PROXECTO DE EDUCACIÓN AVÍCOLA
Por segundo ano consecutivo dende o Club de Ciencia desenvólvese un proxecto de educación avícola sobre a recuperación, conservación e fomento da raza autóctona Galiña de Mos, actualmente un produto delicattesen nas nosas mesas. Será o alumnado de 1º ESO o encargado de levalo a cabo e contarase coa colaboración da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos.
Hoxe, despois de escoitar a charla explicativa realizada polo veterinario Diego Rois sobre as características dos ovos, o mecanismo de incubación con controis de temperatura e humidade, e o nacemento dos poliños, vinte alumnos depositaron cadanseu ovo na incubadora e amosáronse moi ilusionados ante a perpectiva de ver nacer un pitiño do ovo que colocaran.
Diego Rois despediuse prometendo regresar en canto nazan os pitiños - aos 21 días- para indicarlle ao alumnado os pasos a seguir para mantelos con vida e que vaian medrando. Ata daquela só queda controlar o aparello para que as condicións sexan idóneas e... ter moita paciencia!
martes, 15 de octubre de 2024
Petiscos de Ciencia 2024
CIENCIA EN PLENA ACCIÓN
Neste vídeo que se presentou o concurso de Petiscos de Ciencia 2024 trata sobre a electricidade estática. Pódese ver no vídeo uns experimentos realizados cun tubo de PVC cargado negativamente por frotamento cun xersei de lá. O que se provoca é o movemento dos electróns dun material o outro, dando lugar a aparición de cargas positivas e negativas.
Petiscos de Ciencia 2024
MINITSUNAMI
Neste vídeo que se presentou o concurso de Petiscos de Ciencia 2024, explícase como se producen os minitsunamis. O material empregado comprende: unha bandexa, auga, colorante, un mecheiro, un vaso e alcohol. Creando unha diferencia de presión dentro do vaso empregando o alcohol e o mecheiro, provocase que se introduza auga dentro bruscamente ata igualar as presións.
Petiscos de Ciencia 2024
CANDEA E AUGA NUN PRATO
Neste vídeo que se presentou o concurso de Petiscos de Ciencia 2024, trátase de explicar un experimento científico e sinxelo. O material que precisamos para realizalo é: un prato cun pouco de auga, unha candea, un encendedor e un vaso. O primeiro paso é prender a candea e colocala sobre o prato e posteriormente cubrila co vaso. O que se observa é que a candea se apaga. Mentres non se cubría co vaso a candea ardía adecuadamente porque tiña o osíxeno do aire para producir a combustión. No momento de cubrila co vaso, o cabo dun tempo esgótase o osíxeno e a candea apagase. Outro dato curioso é que ao consumirse todo o osíxeno dentro do vaso provócase unha diminución da presión no seu interior, observando o mesmo tempo un aumento do nivel de auga.
Petiscos de Ciencia 2024
A CUADRILLA DAS BACTERIAS
Neste vídeo que se presentou o concurso de Petiscos de Ciencia 2024 trata sobre as bacterias presentes no noso día a día. Hai maior número de bacteria no teu móbil ou no retrete?
Para poder contestar a esta pregunta vaise realizar o seguinte experimento. As bacterias para crecer precisan nutrientes e unha temperatura adecuada. Prepárase o medio de cultivo no que se poidan desenvolverse as bacterias e posteriormente nese medio seméntanse as mostras tomadas; das máns, dun billete, da pantalla do móbil e dun retrete. O resultado observarase nuns días.












