lunes, 21 de marzo de 2022

 DígochoEU

TERMOS TECNOLÓXICOS

        O alumnado de 2º curso de Ciclo Básico de FP de Informática de Oficina iniciou un proxecto inspirado no programa DígochoEu da CRTVG no que achega termos tecnolóxicos en galego dun xeito divertido.

    Este vídeo presentámolo no premio especial do xurado dos Premios #DígochoEu para centros educativos e tamén no concurso Informatízade da ETSE dentro da categoría de divulgación tecnolóxcica.

    Observade e aprendede! 😀

lunes, 14 de marzo de 2022

 

 DÍA DO NÚMERO PI

            O Día do Número Pi celébraxe tal día coma hoxe, 14 de marzo, unha data para celebrar a existencia dunha constante matemática que foi moi significativa a través da historia. A data escollida foi a máis representativa do número 3/14.

O Departamento de Matemáticas  celebrouno facendo unha exposición no seu taboleiro sobre referencias históricas do máis famoso irracional. Mirádeas que son moi curiosas!

martes, 8 de marzo de 2022

 

 MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

         De novo o Club de Ciencia colabora coa Biblioteca para a celebración dunha data sinalada; neste caso foi 8 de marzo  e os rapaces e rapazas nos días previos e despois de ler en grupo a biografía de María Josefa Wonenburger Planell, fixeron chapas co seu rostro para regalar o Día Internacional da Muller entre os membros da Comunidade  e que todos e todas luciamos con orgullo na data sinalada.

        Pero quen foi María Josefa Wonenburger Planell? Pois unha das maiores investigadoras no campo das matemáticas que ante as escasas perspectivas laborais e as dificultades que atopaban as mulleres para avanzar na súa carreira investigadora en España conducírona ao estranxeiro: foi a primeira muller española en conseguir unha bolsa Fulbright para realizar o doutorado en Estados Unidos. Aos 57 anos en plena madurez intelectual tivo que xubilarse para regresar a España a coidar a súa nai. 


viernes, 18 de febrero de 2022

ANÁLISE ESTATÍSTICA DO DO ANO 2021

          Durante o ano 2021 fíxose por parte das profesoras Luchi e Begoña unha medición de CO2 naquelas ulas onde daban clases. Pois neste segundo mes do ano realizouse unha análise estatística dos datos obtidos e expúxose no taboleiro de Matemáticas. Cos datos obtidos realizouse, ademais, un informe para o Equipo COVID-19 do Centro.

        Velaquí vos deixamos as gráficas obtidas da análise para que lle botedes unha ollada e vos vexades que unha das principais solucións para combater as enfermidades transmitidas polos aerosoles, coma a COVID-19.