lunes, 12 de diciembre de 2022

Taboleiro Matemático. Poesía visual matemáticas


A poesía Visual e Matemáticas son dúas disciplinas que transcorren por camiños aparentemente distintos, pero ao longo da historia déronse, máis que puntualmente, momentos de encontro.

O taboleiro matemático que propoñemos para rematar o ano é un dos tres dunha exposición coordinada por Antonio Ledesma López, catedrático de Matemáticas no IES Nº1 de Requena (Valencia) de  que propón un gran número de atractivos, enxeñosos e lúdicos exercicios de análise, de interpretación de decodificación e de transgresión que, sen dúbida, porá a proba a astucia e a sagacidade dos que se paren ante el.

jueves, 8 de diciembre de 2022

Obradoiro de reciclaxe de papel

Neste final de trimestre o Club de Ciencia participou doutra actividade co Equipo da Biblioteca; estamos a referirnos ao obradoiro de reciclaxe de papel na que o alumnado de 1º de ESO deseñou bólas de Nadal  con follas de libros vellos moi estragados ou moi desfasados nos seus contidos, dándolles unha segunda vida. As bólas forman parte da exposición que con motivo do Nadal puxemos na entrada do Centro. No vídeo de arriba podedes ver un resumo fotográfico da realización do mesmo.

Alumeamos o Nadal coa Reciclaxe

        A nosa proposta para superar o primeiro reto As raíces do vidro de GeneraciónECO foi realizar un obradoiro de reciclaxe de envases de vidro dirixido a alumnado de 2º e 4º da ESO e organizado polo Equipo da Biblioteca e polo Club de Ciencia.

Nunha primeira sesión máis teórica tiveron unha charla sobre a orixe do vidro, a importancia deste material nas nosas vidas, o proceso desde que depositamos un envase de vidro no iglú verde ata que se converte nun novo vidro, e a importancia de reciclalo para loitar contra o cambio climático.

Na segunda parte xa práctica, o alumnado trouxo recipientes de vidro usados dos seus fogares, e deulles unha nova vida como adornos de Nadal para decorar o Centro primeiro e despois os seus fogares, xa que cada alumno e alumna recolleu a súa orixinal creación no último día de clase antes do Nadal. No vídeo de arriba tendes un resumo fotográfica da mesma.

        Un xeito de diferente de desexar Bo Nadal e un Próspero Ano Novo cheo de novas aprendizaxes a Comunidade Educativa. Continuaremos esforzándonos coa mesma ilusión e tesón en todos os retos que se nos propoñan no 2023!


viernes, 2 de diciembre de 2022

Experimentamos con vidro

Experimentamos con vidro e lume para superar o reto da GeneraciónECO

Desirée Vázquez Castiñeira e Claudia Lema Rial explican neste vídeo como cortar unha botella de vidro cun fío e lume. Un experimento curioso no que un cambio de temperatura moi brusco fai partir as moléculas do vidro e obtemos así cuncas, vasos, portavelas ou mesmo lámpadas.... Unha forma diferente de reciclaxe do vidro dándolle a este unha nova vida.

Como vedes, trátase dun experimento no que se manipula cristal e lume, polo que a ninguén se lle ocorra intentalo sen estar baixo a supervisión dun adulto e, aínda así, hai que ter moita preucación.