jueves, 18 de diciembre de 2025

NADAL NO IES CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O alumnado da ESO en colaboración co Equipo da Biblioteca e do Club de Ciencia desenvolveu unhas actividades de reciclaxe que permitiron a ambientación da entrada do Centro para este Nadal empregando material de refugallo. Mediante o uso de cartóns, caixas de polispán, luces de nadal, portapilas, pilas ou plásticos o alumnado conseguiu crear figuras incribles que alumearon o Nadal no noso centro educativo. Só precisaron un toque de cor e a creatividade do alumnado. Pódese observar nas seguintes imaxes o resultado obtido.







lunes, 15 de diciembre de 2025

DESEÑO DUNHA BOLSA DE TEA PARA LIBROS

 


Os membros do Club de Lectura, en colaboración co Club de Ciencia, levaron a cabo unha actividade de reciclaxe que consistía na confección de bolsas de tea para libros empregando a máquina de coser de Polos Creativos. Na actividade utilizáronse restos de teas e retais que trouxeron da casa. Pódese ver o proceso e o resultado do traballo do alumnado nas seguintes imaxes.









jueves, 11 de diciembre de 2025

ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN

 


Hoxe, 11 de decembro, o alumnado de 3º ESO traballou co KIT enxeñeria de astronaves do CAFI para levar a cabo unha actividade de investigación. A xornada foi moi emocionante para o alumnado xa que puideron levar a cabo diferentes ensaios con diversos materiais e aplicar os coñecementos adquiridos na aula para o desenvolvemento da experiencia.

lunes, 1 de diciembre de 2025

Motor eléctrico segunda reunión

 MOTOR ELÉCTRICO


Hoxe, 1 de decembro, o alumnado pertencente o Club de Ciencias dos cursos de 1º e 2º ESO, participou nunh actividade que consiste na elaboración dun motor eléctrico. Para poder elaborar este motor só necesitamos. un imán, soporte a medida feito coa impresora 3 D, fío de cobre, pila e uns cables para rematar a conexión. Pódedes observar nas imaxes o resultado obtido.








E-TÉXTIL segunda reunión

 

 ELABORACIÓN DUN BROCHE CON FORMA DE RUDOLPH CON LUZ



Hoxe, 1 de decembro, o alumnado pertencente o Club de Ciencias dos cursos de 3º, 4º ESO e Bacharelato, participaron nunha actividade que consiste na elaboración dun broche con forma de Rudolph con luz. Para poder elaborar este broche só necesitamos: feltro de cores, fíos de cores e condutor, unhas agullas, un prendedor, pilas e portapilas. Pódedes observar nas imaxes o resultado obtido. 










viernes, 21 de noviembre de 2025

SEMANA DA CIENCIA

VISUALIZACIÓN DAS PROPIEDADES DUN FERROFLUIDO



Hoxe, 21 de novembro, o Club de Ciencias realizou unha actividade de demostración, baseada nas propiedades dos fluidos ferromagnéticos (inestabilidade de Rosensweig), dentro das actividades desenvolvidas co gallo da Celebración da Semana da Ciencia en galego.  

Materiais:

  • 10 ml de ferrofluido (non se empregou todo o volume)

  • 2 placas de petri

  • Imán de neodimio-hierro-boro N52 40x40x20mm

  • Imán de neodimio-hierro-boro N52 20x10mm

  • Soportes de plástico en forma de U (x2)

  • Parafuso de acero zincado 50x10mm

Desenvolvemento:

Colocase o imán de NdFB mais grande debaixo da peza de plástico en forma de U, e sobre esta a placa de petri (para evitar pousar directamente sobre o imán).

Vertemos cun goteiro pouco a pouco gotas de ferrofluido ata obter unha superficie aproximada de 3-4cm de diámetro.

Observaranse pequenas crestas que se forman na superficie do fluído, con altitude e separación entre elas variable en función da distancia o imán.

Explicación:

Un fluído ferromagnético compórtase coma un líquido normal cando non está sometido a perturbacións externas. Cando a gravidade e a tensión superficial son compensadas polo campo magnético, os dipolos das partículas do fluído alinéanse co campo, formando estructuras de tipo picos e vales.

As liñas de fluxo de campo magnético concéntranse nos picos. Cando incrementamos a forza magnética, increméntase o número de picos e diminue a separación entre eles.

Este fenómeno é coñecido como inestabilidade de Rosensweig.









SEMANA DA CIENCIA

 ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS NAVES ESPACIAIS


Hoxe, 21 de novembro, o Club de Ciencias realiza a última actividade co gallo da Celebración da Semana da Ciencia en galego. O reto proposto para hoxe, consiste na elección do mellor material para a fabricación dunha astronave ou nave espacial. Para a realización desta actividade contamos coa colaboración de María Pérez, María Nantón, Mateo Santos e Manuel Mourelle. Utilizarase o Kit de Inxeniería de Astronaves do CAFI (Aula Nova). O alumnado de 1º Bacharelato xa utilizou a Kit e vai explicarlles o resto do alumnado que queira resolver o reto os diferentes ensaios que deberán realizar para poder elexir o material adecuado. Estes ensaios consisten en comprobar as propiedades físicas de: apariencia, condutividade térmica e eléctrica, a densidade do material, o magnetismo e a resistencia os impactos. O principio entregaraselle unha táboa que deberán cubrir, indicando as características de cada un dos materiais analizados. 

Cal será o mellor material para contruír a astronave: madeira, cobre, latón, aceiro, pedra, aluminio, plástico, polispán ou a aleación?