domingo, 7 de febrero de 2021

 

                 CONTINUAMOS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS
 
    Este curso continuamos coa plantación de árbores na leira que nos cedeu unha familia da localidade. O ano pasado creamos o noso Bosque das Letras e da Música coa plantación de 25 castiñeiros para conmemorar así o 25 aniversario do centro.
    O venres pasado co alumnado de 2ªESO, repuxemos os castiñeiros que morreran e plantamos cerdeiras,  nogueiras e avelairas. O obxectivo deste proxecto é que o alumnado deste curso plante, adopte e faga o seguimento da súa árbore, observando os cambios nas diferentes estacións e coidando deles o tempo que estén no centro.
    Cando no futuro pasen por diante do centro, seguro que se sentirán orgullosos de ter contribuido a crear un ambiente favorable para as especies autóctonas.
 
“O home pon pedra sobre pedra e fai un castelo, sementa na terra e fai un bosque. Que cada un escolla o que queira, pero o bosque máis pequeno sempre será maior que o castelo máis grande, aínda que non teña máis historia que a das súas árbores”.
                                                                                                                                          José Saramago

No hay comentarios:

Publicar un comentario