jueves, 3 de junio de 2021

 

DEFENDEMOS OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

     O pasado venres, o alumnado de 3º ESO  realizou unha saída didáctica para coñecer os Penedos de Traba e Pasarela  e  protestar contra a instalación dun parque eólico nunha das Paisaxes Naturais Protexidas máis emblemáticas da Costa da Morte.

    Despois de estudar na aula a formación e os valores científicos e culturais desta paisaxe granítica  única no mundo, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer in situ os penedos máis singulares e subir ata a Torre da Moa, desde  onde puideron gozar das impresionantes vistas da Lagoa e o areal de Traba.

    Tamén recitamos poesía ao pé da pedra multiforme e fixemos un safari fotográfico .

    Rematamos a nosa viaxe nas dunas e na praia de Traba , onde refrescamos os pés nas augas deste mar bravo que desta vez estaba en calma.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario