miércoles, 3 de noviembre de 2021

 A ASTRONOMÍA EN ESPAÑA

        Dentro das actividades organizadas polo Club de ciencias co gallo do Mes da Astronomía, tivemos hoxe unha charla moi interesante sobre a Astronomía en España impartida polo profesor Víctor Tilve ao alumnado de 4º da ESO. Explicounos as principais investigacións que se realizan nos diferentes  observatorios astronómicos e, así puidemos comprobar que España é unha potencia mundial neste campo! Tamén explicou dun xeito moi claro o funcionamento dos dous tipos fundamentais de telescopios. 

        Rematou a súa intervención contando a súa experiencia profesional no Observatorio Astrofísico de Javalambre, en Teruel, que foi galardoado en 2017 como reserva da Fundación Starlight polas súas excelentes condicións de observación astronómica.

Observatorio Astrofísico de Javalambre

No hay comentarios:

Publicar un comentario