INFORMATÍZATE NA TECNOLOXÍA
O alumnado que neste curso está cursando o Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou no concurso organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, Informatízate co proxecto Mulleres Galegas na Tecnoloxía, elaborado en cursos anteriores no que visibilizan o traballo de tres mulleres galegas no eido tecnolóxico: unha investigadora das TIC, unha profesora de informática na Xunta e a directora de proxectos tecnolóxicos da área sanitaria en Televés.
Este concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), e contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais. E...abofé que o noso alumnado consegue co seu vídeo todos os obxectivos que se exixen no concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario