OBSERVACIÓN SOLAR MEDIANTE UN TELESCOPIO
Hoxe no recreo comprobamos que, cun mínimo de seguridade e responsabilidade, se pode realizar unha observación solar. Fixémolo utilizando un telescopio, polo que antes da actividade foi necesario explicarlle ao alumnado os distintos tipos e os seu funcionamento.
O obxectivo da experiencia era observar a superficie solar e comprobar se había algunha mancha solar; estas son facilmente identificables por identificarse como unhas manchas negras na superficie do sol. As manchas solares son rexións do sol onde hai unha elevada actividade magnética e presentan diferente temperatura con respecto ás rexións próximas. Non se detectou ningunha mancha sobre a súa superficie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario