MATEMAXIA
Dentro do marco das actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego, hoxe no primeiro recreo realizamos un taller de matemaxia. Os nosos magos foron Yago e Manuel, alumnos de 4º da ESO, que nos días previos estiveron preparando a fondo o espectáculo co profesorado de Matemáticas.
O público quedou encantado co show máxico e aprenderon aspectos interesantes sobre matemáticas e dalgunhas das mulleres máis destacadas nesta disciplina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario