O QUE APRENDEMOS COA PANDEMIA
O alumnado de 4º da ESO escoitou a videoconferencia O que aprendemos da pademia impartida desde Houston por Sonia Villapol, un exemplo de científica galega na loita contra a Covid, e organizada a través de Igaciencia para celebrar o Mes da Ciencia en Galego.
A científica lucense, empezou contando a súa experiencia laboral e o seu traballo no laboratorio Center for Neuroregeneration del Methodist Hospital Research Institute de Texas, no que se dedican a buscar as causas dos danos cerebrais co obxectivo de atopar tratamentos adecuados para certas enfermidades. Debido á pandemia actual centraron o seu labor en estudar as consecuencias da COVID no cerebro e no sistema gastrointestinal, e a persistencia do virus.
A investigadora comentou que intenta deixar unha pegada nas persoas que pasan polo seu laboratorio para guíalos na súa carreira científica. Explicou que as principais calidades para alguén que queira ser investigador/a son presentar unha mente aberta, autocrítica para corrixir os erros e busca da inspiración sen perder a ilusión. Ademais de non ter medo, constancia no traballo e non parar nunca de aprender.
Xa centrada no tema da conferencia subliñou a importancia de non esquecer o que pasou, de aprender dos erros para estar máis preparados no caso de que volva a suceder, da loita contra a desinformación (fake news) que levaron a moitas persoas a contaxios; pero, sobre todo, centrouse no que se aprendeu: distancias de seguridade, a importancia da ventilación, os síntomas persistentes, o coidado da saúde física….
Destacou outros aspectos da pandemia como o de que non afectou por igual a todas as clases sociais ou como houbo persoas que se benefician do medo alleo ou a repercusión na saúde mental, sobre todo, entre a xuventude no que se incrementou o número de afectados por depresión.
Por último sinalou que o esencial nestas situacións é a colaboración, a concienciación e o investimento económico na investigación para poder avanzar no desenvolvemento dos tratamentos.
Cando rematou a videoconferencia, a modo de conclusión, tivemos un breve tempo para realizar unha reflexión en grupo dos aspectos que máis lles interesaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario