CIENCIA E CINE
Para rematar o primeiro trimestre, o alumnado de 2º Bacharelato visionou unha intrigante e apaixonante película de ciencia ficción Interstellar cuxa acción ocorre unha Terra futura, destruída pola acción humana, no que varios científicos buscan un novo fogar fóra do sistema solar en posibles planetas non habitados. Cómpre destacar o especial empeño que se pon en coidar ao máximo determinados aspectos referentes á astrofísica: os buracos negros, os buracos de verme, a curvatura espazo-temporal...
Finalizado o filme houbo un posterior e animado debate no que se reflexionou sobre aspectos da película para concluír que a humanidade debe coidar mellor a Terra se quere garantir o seu futuro. E por iso no novo ano 2022, nós seguiremos dende o Club poñendo o noso gran de area, educando e concienciando en que a conservación do noso planeta é cousa de todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario