viernes, 17 de diciembre de 2021


 OBRADOIRO ECOLÓXICO DE NADAL

        Continuamos no Club de Ciencias coa campaña de concienciación da importancia e do impacto que ten a reciclaxe na sociedade e no medioambiente cunha nova actuación: Obradoiro de creacións artísticas con motivos navideños que se desenvolveu en todos os cursos da ESO en colaboración coa Biblioteca durante esta última semana.  

         Para levalo a cabo os rapaces e as rapazas trouxeron da casa latas de conservas, botes de cristal, plásticos, teas, cartón... e déronlles unha nova vida como adornos de Nadal para decorar primeiro o Centro e despois, os seus propios fogares - xa que cadaquén, o último día de clase, recolleu a súa orixinal creación-.

        Este foi o noso xeito  de achegar un gran de area na diminución de residuos e, asemade, de desexar un Bo Nadal e Próspero Ano Novo cheo de actividades de aprendizaxes científicas a toda a Comunidade Educativa.

        Seguiremos traballando coa mesma ilusión en todos os nosos proxectos no 2022!

No hay comentarios:

Publicar un comentario