viernes, 3 de junio de 2022

 

UN ANO MÁIS PARTICIPAMOS NA MAKER FAIRE GALICIA!

        Unha edición máis participamos nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia que se celebraron de forma presencial na Cidade da Cultura (Santiago) esta mañá do venres, 3 de xuño.

       O alumnado de 2º curso do ciclo de Informática de Oficina, acompañados pola profesora Marta Diz Alonso, encargáronse de montar o posto na feira e de presentar o proxecto aos asistentes. Realizaron un traballo fantástico: Parabéns para Marta Calero, Martín Castro, Gabriel Romero e Nerea Torrado!

       Seguimos traballando en proxectos que fagan do noso centro, un espazo máis saudable. Nesta edición presentamos o proxecto Coana (Condicións ambientais na aula), un sistema centralizado para o control desde unha aplicación web das condicións ambientais das aulas e os diferentes espazos nun centro educativo co obxectivo de garantir que son espazos seguros e confortables para a comunidade educativa.

       O nome do proxecto é moi acertado, xa que "coana" é cada unha das dúas aberturas posteriores das fosas nasais que comunican coa parte superior da farinxe… non se nos escapa nada!.

      O proxecto tivo boa acollida e convidáronnos a participar na Feira de Ciencia (Open Science Cambre 2022). A nosa idea é compartilo con outros centros para que poidan construír o seu propio dispositivo COANA. 

      O proxecto desenvólvese dentro do Club de Ciencia e encaixa dentro das liñas de traballo do Centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado.

Podes ver a información do proxecto na seguinte ligazón.

Somos makers!

No hay comentarios:

Publicar un comentario