lunes, 27 de febrero de 2023

Experimento antigravidade

 

EXPERIMENTO ANTIGRAVIDADE

Na sesión de hoxe do Club de Ciencias primeiro visualizouse un vídeo no que aparecía un dobre cono no que semellaba que non se cumpría a lei de Newton e, a continuación propúxose aos membros do club a súa comprobación. Para constatar o fenómeno elaborouse unha rampla sobre a que se fixo deslizar cara abaixo diferentes materiais. Unha vez comprobada a mesma, uníronse dous funís e deixáronse no fondo da rampla e o dobre cono empezou a ascender por ela. Explicouse o concepto do centro de masas e por que o dobre cono si que cumpre a lei de Newton aínda que aparentemente non o pareza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario