miércoles, 21 de junio de 2023

Coñecendo as árbores do noso bosque

 

 
    A última actividade do Club de Ciencias deste curso académico foi a realizada polo alumnado de 1ºESO no bosque do noso Centro. Realizaron un percorrido polo mesmo observando as árbores; cos móbiles ían recollendo a información nos códigos QR dos 20 paneis informativos que hai e nos que ademais do código QR tamén consta o nome científico e en galego da árbores, e unha ilustración da árbore en cuestión. O alumnado tiña que responder un cuestionario elaborado dende o Club de Ciencia. Cos móbiles accederon a información máis detallada sobre cada unha das árbores, os seus usos e a poemas que lle dedicaron escritores galegos.   
Unha actividade que lles obriga a fixarse na natureza da contorna e que resulta amena e pedagóxica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario