viernes, 2 de junio de 2023

Proxecto Maximeter

  

 
MAKER FAIRE GALICIA!

        Unha edición máis participamos nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia, celebradas na Cidade da Cultura (Santiago) hoxe pola mañá. En representación do centro acudiu alumnado de 1º curso do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, acompañados polo profesorado Marta Diz, Fina Paulos e Óscar Rey. O alumnado encargouse de explicar o proxecto aos asistentes. Un traballo fantástico, parabéns para Marcos Castro, Daniel Dopazo, Adrián Negreira e Cristina Rial.

        Seguimos traballando en proxectos de utilidade na nosa vida cotiá, no eido persoal e laboral. Nesta edición presentamos o proxecto Maximeter, un sistema centralizado para a medición de condicións climáticas nun espazo físico, por exemplo un invernadoiro. O proxecto conta cunha aplicación web onde poder consultar en tempo real as condicións atmosféricas, así como as medicións históricas.

        O dispositivo presentado xa ten destinatario, o Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos. No vindeiro curso, acudiremos co alumando a coñecer o centro e deixar instalado o Maximeter para que poidan controlar a temperatura, humidade e presión atmosférica no seu invernadoiro.

        O proxecto desenvólvese dentro do Club de Ciencia, encaixa dentro das liñas de traballo do centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado. 

    O proxecto tivo boa acollida, hai máis centros interesados en contar cun Maximeter ;).

Somos makers!

No hay comentarios:

Publicar un comentario