O alumando do Club de Ciencia, puido formar a súa molécula de auga, despois de imprimir coa impresora 3D o seu deseño.
lunes, 22 de abril de 2024
Continuando co estudo do ciclo de vida dos vermes de seda
O alumnado pertencente o Club de Ciencia, dentro do proxecto realizado sobre o estudo do ciclo vital dos vermes de seda, puideron estudar de primeira mán a súa evolución. Partindo dunha fase avanzada de larva, observaron a súa evolución ata a formación da crisálida na casa. Posteriormente observaron como sairo do casulo as bolboretas. Houbo que ter en conta unhas normas para o seu adecuado coidado.
Ambiente e limpeza: mantén os vermes de seda nun lugar limpo e libre de humidade. Limpa a caixa onde vicen regularmente, e asegúrate de que cada verme teña espazo suficiente para moverse. Tamén é importante protexelos das correntes de aire e cambios bruscos de temperatura.
Alimentación: os vermes de seda adultos aliméntanse principalmente de follas de morera branca (Morus alba).
Preparación para ao fiado: cando as larvas están listas para tecer os seus casulos, podes axudarlles proporcionándolles materias como cartóns de ovos ou canutillos de papel hixiénico cortados. Tamé podes engadir ramiñas pequenas na caixa para que atopen o lugar perfecto para tecer o casulo.
Conservación dos ovos: os ovos fertilizados vólvense grises e pódense almacenar no frigorífico ata a próxima primavera. Colócaos nun recipiente hermético e déixaoos a unha temperatura entre 4 ºC e 6 ºC.
Foi un proxecto moi moi motivador o mesmo tempo que nos permitiu incidir sobre a importancia do coidado e respecto da natureza.
Nova reunión do Club de Ciencias
O luns, 22 de abril, realizamos a primeira reunión do terceiro trimestre do Club de Ciencias, na que realizamos as seguintes actividades:
- Experimentación coa física: deseño do parafuso de Arquímedes, con 2º ESO e 1º Bacharelato. Podedes observar o resultado do deseño da parafuso de Arquímedes no vídeo que aparece ao final.
- Creación de perfumes, con 3º ESO e 2º Bacharelato.
- Obradoiro de creación de puzzles coa cortadora láser, con 1º ESO e 4º ESO.
Deixamos a continuación unhas fotografías que amosan as actividades realizadas e o bo ambiente no que se desenvolveron.
lunes, 8 de abril de 2024
XVII Feira Matemática
Este sábado, 6 de abril, celebrouse na Coruña a décima sétima edición da Feira Matemática, organizada pola Universidade da Coruña e Agapema. O Club de Ciencia do Maximino Romero de Lema participou con dous stands que fixero as delicias dos asistentes. Ao alumando participante dnesta actividade pertence os grupos de 2º e 4º ESO e 1º Bacharelato. Ofertamos ao públicoxeral xogos matemáticos que divertiron desde a nenos de 3 anos ao mismisimo reitor (que é un matemático de prestixio).
No só traballamos. tamén disfrutamos das actividades propostas polos demáis participantes, cun papel estelar de Óscar, coma o ano pasado. As 13 horas fixéronse curtas e todos estamos dispostos a repetir na próxima edición.