lunes, 22 de abril de 2024

Continuando co estudo do ciclo de vida dos vermes de seda

 


O alumnado pertencente o Club de Ciencia, dentro do proxecto realizado sobre o estudo do ciclo vital dos vermes de seda, puideron estudar de primeira mán a súa evolución. Partindo dunha fase avanzada de larva, observaron a súa evolución ata a formación da crisálida na casa. Posteriormente observaron como sairo do casulo as bolboretas. Houbo que ter en conta unhas normas para o seu adecuado coidado.

  • Ambiente e limpeza: mantén os vermes de seda nun lugar limpo e libre de humidade. Limpa a caixa onde vicen regularmente, e asegúrate de que cada verme teña espazo suficiente para moverse. Tamén é importante protexelos das correntes de aire e cambios bruscos de temperatura.

  • Alimentación: os vermes de seda adultos aliméntanse principalmente de follas de morera branca (Morus alba).

  • Preparación para ao fiado: cando as larvas están listas para tecer os seus casulos, podes axudarlles proporcionándolles materias como cartóns de ovos ou canutillos de papel hixiénico cortados. Tamé podes engadir ramiñas pequenas na caixa para que atopen o lugar perfecto para tecer o casulo.

  • Conservación dos ovos: os ovos fertilizados vólvense grises e pódense almacenar no frigorífico ata a próxima primavera. Colócaos nun recipiente hermético e déixaoos a unha temperatura entre 4 ºC e 6 ºC.

Foi un proxecto moi moi motivador o mesmo tempo que nos permitiu incidir sobre a importancia do coidado e respecto da natureza.

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario