O alumnado de 1º e 2º ESO participou nun
taller sobre cans de rescate organizado pola asociación CASAGA (Cans de
Salvamento de Galicia). CASAGA ten como obxectivo prestar servizo na Comunidade
Autónoma de Galicia na que os cans desempeñan un papel relevante. Xa participou
en moitos rescates de persoas desaparecidas, como exemplo, no terremoto de
Sumatra en Indonesia.
A primeira parte consistiu nunha charla que
tratou sobre a tenencia responsable: consellos e normas básicas para o benestar
e educación das nosas mascotas como, por exemplo, como actuar cando chega ao novo
fogar, no que ao principio se senten inseguros e estresados polo que hai que
ser pacientes e deixarlles o seu espazo para relaxarse. Non debemos esquecer
que aceptar animais de compañía implica certas obrigas e responsabilidades como
pode ser a de recoller os seus excrementos na rúa. Explicaron aspectos da
linguaxe canina, aclarando que significan algúns xestos dos nosos animais de
compañía. Tamén deron resposta á pregunta: Por que os cans se saúdan
cheirándose o cu?
Son moitos os beneficios que nos poden
proporcionar e non esquezamos que hai moitos animais nos centros de acollida
que están esperando por unha adopción a cal é unha opción moi aconsellable.
Na segunda parte do taller tivo lugar a
demostracións e exhibición de Arnol, Thor e Anka, tres dos cans da asociación:
fixeron exercicios de educación e obediencia, e tiveron que atopar a alumnos/as
agochados en contedores o que resultou moi emocionante para a rapazada.
Para rematar sacamos unha foto de lembranza cos
nosos novos amigos peludos!