O alumnado de 1º e 2º ESO participou nun taller sobre cans de rescate organizado pola asociación CASAGA (Cans de Salvamento de Galicia). CASAGA ten como obxectivo prestar servizo na Comunidade Autónoma de Galicia na que os cans desempeñan un papel relevante. Xa participou en moitos rescates de persoas desaparecidas, como exemplo, no terremoto de Sumatra en Indonesia.
A primeira parte consistiu nunha charla que tratou sobre a tenencia responsable: consellos e normas básicas para o benestar e educación das nosas mascotas como, por exemplo, como actuar cando chega ao novo fogar, no que ao principio se senten inseguros e estresados polo que hai que ser pacientes e deixarlles o seu espazo para relaxarse. Non debemos esquecer que aceptar animais de compañía implica certas obrigas e responsabilidades como pode ser a de recoller os seus excrementos na rúa. Explicaron aspectos da linguaxe canina, aclarando que significan algúns xestos dos nosos animais de compañía. Tamén deron resposta á pregunta: Por que os cans se saúdan cheirándose o cu?
Son moitos os beneficios que nos poden proporcionar e non esquezamos que hai moitos animais nos centros de acollida que están esperando por unha adopción a cal é unha opción moi aconsellable.
Na segunda parte do taller tivo lugar a demostracións e exhibición de Arnol, Thor e Anka, tres dos cans da asociación: fixeron exercicios de educación e obediencia, e tiveron que atopar a alumnos/as agochados en contedores o que resultou moi emocionante para a rapazada.
Para rematar sacamos unha foto de lembranza cos nosos novos amigos peludos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario