lunes, 13 de mayo de 2024

CIANOTIPIA, PINTAR CON LUZ

 

O Club de Ciencia participará activamente na Semana Cultural do noso centro que celebramos durante estes días. Para empezar organizou xunto co Equipo da Biblioteca un obradoiro desenvolto polo artista Jesús Pérez para que iniciase ao alumnado de 1ºESO na técnica fotográfica da cianotipia, unha técnica xurdida no século XX con múltiples usos en creacións contemporáneas.

Comezou o taller explicando o desenvolvemento do proceso, facendo fincapé na importancia da luz e da escuridade no mesmo. A continuación cada alumno/a elaborou o seu negativo en láminas de acetato transparente pintando as zonas en negro de fotografías que lles proporciounou Jesús. A seguir, co laboratorio en escuridade, empapou cunha solución de cianotipo os papeis sobre os que puxeron as imaxes creadas polos/as rapaces/as e procedeu ao seu secado cun secador de man; finalmente comprobaron o seu revelado ao sol.

               Os retratos dalgunhas das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas: Luísa Villalta, Xela Arias, Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, Risco, Castelao ou Otero Pedrayo  foron os empregados para realizar os negativos. Ciencia e Letras combinaron perfectamente nesta actividade.

O alumnado quedou sorpendido coa técncia tan sinxela do revelado e gozou con todo o proceso que lles permitiu achegarse ao mundo da fotografía de  xeito moi diferente ao que eles coñecen e usan a través dos seus móbiles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario