PARTICIPAMOS NA ROMARÍA CIENTÍFICA
O Club de Ciencias participou este sábado, 4 de maio, no XXVIII Día da Ciencia na Rúa celebrada no parque de Santa Margarida da Coruña, arredor da Casa das Ciencias, no que se ubica o núcleo fundamental desta romaría científica. O alumando dos grupos de 3 e 4 ESO xunto cos de 1º Bacharelato pertencentes o club de ciencias atenderon un stand no que se ofertaban distintas actividades relacionas coa ciencia: xogos matemáticos, extracción das cores que presenta a tinta dun rotulador negro, extracción do ADN, explicación do ciclo vital dos vermes de seda e elaboración tanto de perfumes caseiros como de slime. Ademais puidemos ensinarlle as persoas que pasaron polo noso stand os puzzles e moléculas que se fixeran coa impresora 3D e a cortadora láser.
Unha xornada chea de novas experiencias na que representantes do noso club de ciencias presentaron algunhas das actividades e experimentos realizados durante o curso ao público asistente que se amosou moi interesado ante a experiencia compartida dende o stand do Club de Ciencia do IES Maximino Romero de Lema.
Tamén houbo sorpresas nesta xornada xa que gañaron o premio Javier Novelle 2024 polo estudo minucioso da ciencias dos perfumes.
Parabéns a todos e a todas por representarnos tan ben neste marabilloso día científico!
No hay comentarios:
Publicar un comentario