lunes, 17 de junio de 2024

Clausura e entrega de diplomas do Club Ciencia

 

Hoxe, 17 de xuño, despedimos o curso académico no Club de Ciencia 2023-2024 compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos diplomas da 4º edición do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foron as profesoras Luchy, Cecilia e Begoña, as encargadas de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia. 

Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!

domingo, 9 de junio de 2024

OXIXENANDO AS AULAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

  

 

O Club de Ciencia en colaboración co Equipo da Biblioteca desenvolveron un obradoiro de maceteiros elaborados con material de refugallo: caixas de mexillóns, botellas de plástico, botellas de lixivia, pallas de beber,... para achegar o noso gran de area á purificación do aire que respiramos e combater así a súa contaminación.

miércoles, 5 de junio de 2024

Cuantificación do contido en azúcre en diferentes bebidas

 

Hoxe, día  5 de xuño, nunha actividade organizada polo Club de Ciencia, o alumnado de 4º ESO estudou o contido en azúcares presentes en diferentes tipos de bebidas. Mediante o uso dun refractómetro, puideron observar a cantidade de azúcres presentes en distintas substancias. Observaron a diferencia entre unha bebida con azúre e sen azúcre.
Foi unha xornada moi motivadora e interesante para o alumnado.





Identificación da vitamina C


Hoxe, día  5 de xuño, nunha actividade organizada polo Club de Ciencia, o alumnado de 4º ESO puido estudar a presencia de vitamina C en diferentes tipos de bebidas. Mediante unha reacción redox utilizando o iodo como indicador observaron como o cambio de cor predecía a presencia desta vitamina.
Foi unha xornada moi motivadora e interesante para o alumnado.
 

lunes, 3 de junio de 2024

Taboleiro mulleres matemáticas: Emmy Noether


 Neste taboleiro preparado polo alumnado de 4º ESO, pódese observar uns retratos de Emily Noether realizados a lápis por Carlos e Adrián, dous estudantes de 2º ESO. Neste taboleiro temos a nosa disposición a biografía desta matemática alemana tal relevante que proporcionou grandes contribucións no ámbito da física e da matemática, especialmente na álxebra. O profesor de Infórmatica, Serxio Arias, preparou non só a biografía senón que mediante IA creou unha imaxe tratada desta importante matemática.





sábado, 1 de junio de 2024

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

Durante o actual curso dende o Departamento de Matemáticas realizouse un proxecto sobre fotografía matemática. No vídeo que vos deixamos aquí recóllense as mellores das que se recompilaron.