Hoxe, 17 de xuño, despedimos o curso académico no Club de Ciencia 2023-2024 compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos diplomas da 4º edición do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foron as profesoras Luchy, Cecilia e Begoña, as encargadas de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia.
Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!
Foi un ano de moita aprendizaxe, repetiremos para o ano, seguro!!! Animádevos a participar!!!
ResponderEliminar