A FLUORESCENCIA NA COMIDA
Éste é un dos vídeos que se presentaron o concurso de Petiscos de Ciencia 2024. No vídeo explicase o concepto de fluorescencia. A fluorescencia é unha característica que presentan determinadas substancias de emitir radiación cando se lles fai incidir outra radiación. Neste caso a radiación empregada é a dunha lámpada ultravioleta. Como substancia empregáronse: espinacas, tónica é gasosa.
As espinacas, presentan na súa composición un pigmento chamado clorofila. Esta substancia presenta fluorescencia igual que a quinina presente na tónica. As espinacas precisan que se mesturen con alcohol para extraer o pigmento que nos interesa estudar, a clorofila. Tras filtrar a mestura gárdase nun vaso de precipitados. As demáis substancias non necesitan preparación, directamente vértense nun vaso de precipitados para o seu estudo posterior. Unha vez lles facemos incidir a radiación ultravioleta, observamos o seu comportamento. No caso da clorofila e da tónica observarse unha emisión de luz, mentres se lles fai incidir a radiación da lámpada, efecto que deixa de producirse o apagala. Porén, no caso da gasosa non se observar ningunha modificación. Podemos distinguir a tónica da gasosa sen probala?
No hay comentarios:
Publicar un comentario