Comezábamos en outubro este proxecto que ten como obxectivo reducir a pegada ecolóxica no contexto do consumo de alimentos; isto é, diminuír o impacto ambiental de producir, procesar, transportar e consumir alimentos. Un xeito de acadar a pegada 0 é consumir produtos de proximidade, tamén coñecidos como alimentos locais.
Cada mes na exposición que poñemos no corredor do Centro propoñemos aqueles alimentos de proximidade característicos, xunto cunha pílula informativa sobre os beneficios de consumilos. Hoxe comezamos coa primeira:
Redución das emisións de carbono: Os alimentos locais consúmense na súa área de orixe polo que non requiren longos transportes e reducen bastante a pegada de carbono asociada ao transporte. Os alimentos que viaxan grandes distancias, especialmente avións ou camións, teñen unha pegada de carbono moito maior debido ao combustible utilizado.
Xa sabes reflexiona sobre o lido e dálle unha volta ao teu consumo!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario