martes, 19 de noviembre de 2024

O UNIVERSO E A EXPLORACIÓN ESPACIAL

 

A MULLER QUE ILUMINA O UNIVERSO


Hoxe, 19 de novembro, o alumnado de 4º ESO escoitou a videoconferencia O universo e a exploración espacial impartida pola Dra en Astrofísica, Begoña Vila, enxeñeira xefe de sistemas no centro da NASA GSFC, e enmarcada nas conferencias organizadas por IGACIENCIA para conmemorar o XV Día da Ciencia en Galego. Begoña Vila comenzou falando sobre a súa traxectoria educativa por diversos países e cidades. A continuación meteuse de cheo no tema da observación do Universo subliñando o moito que avanzou desde as primeiras observacións co telescopio de Galileo Galilei. Agora sábese doutras galaxias, doutras estrelas e doutros planetas arredor delas, pero aínda hai unha moitos datos que descoñecemos: como se formaron as primeiras galaxias e estrelas e como evolucionaron para formar aquela na que vivimos?; como se formou un planeta como o noso e pode haber outro con auga e vida?; que pode ser a materia escura e a enerxía escura? A doutora falou dos novos telescopios espaciais como o Hubble ou o James Webb e os futuros como o Nancy Grace Roman e o Telescopio de Mundos Habitables que explorarán o noso Sistema solar e buscarán os datos que nos poidan axudar a atopar as respostas. Ao alumnado pareceulle moi interesante a charla, aínda que algúns deles comentaron que lles gustaban máis cando estas son presenciais, porque lles permitiría interactuar coa relatora de forma espontánea e eficiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario