A CATALASA DA PATACA
Na reunión do Club de Ciencia do día 25 de novembro, o alumnado de 1º ESO traballou sobre a catálise enzimática, en concreto a acción catalítica da catalasa, un enzima presente na pataca, e a modificación da súa actividade segundo as condicións da reacción (temperatura e pH). Os enzimas son biocatalizadores que serven para acelerar procesos, son substancias de natureza proteica que catalizan reaccións químicas sempre que sean termodinámicamente favorables. Unha vez rematada a reacción química recupéranse sen alterarse. A catálise prodúcese mediante unha baixada na enerxía de activación da reacción. Sen embargo, son moi sensibles a cambios de pH e temperatura, pois perden a súa estrutura e xa non son capaces de realizar a catálise.
A catalasa acelera a reacción da disociación do peróxido de hidróxeno en auga e osíxeno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario