martes, 12 de noviembre de 2024

SEMANA DA CIENCIA

 XOGANDO COAS PRESIÓNS



Seguimos celebrando, dende o club de ciencia, o mes da ciencia en galego e hoxe puidemos experimentar coa presión atmosférica. Para iso verificacmos que, aínda que non o vexamos, o interior dos recipientes atopase cheíño de aire.

Tomamos unhas botellas de refugallo transparentes, previamente comprobamos que estaba limpas e sen buratos nin roturas. Recuperamos, doutros experimentos, uns globos de aire que empregamos como elementos estraños para o interior das botellas.
Quitamos o tapón da boca da botella e substituímolos por globos inchables. Logo tentamos, a pulmón cheo, inflar os globos sen retiralos da boca da botella. Foi imposible, xa que o aire do interior da botella non tiña por onde saír, polo que non eramos quen de que se incharan os globos. Agora, visto que non conseguimos encher os globos, perforamos cun alfinete a parede da botella. Descubrimos que si, que tendo por onde saír o aire, lograbamos inchar o globo no interior da botella. O máis curioso, se tapabamos o burato na parede da botella unha vez inflado o globo, este permanecía inchado no interior da mesma, non perdía o aire que lle introduciramos. Claro que, no intre en que abríamos o burato, o globo volvía a situación anterior ao inflado. Un xogo de presións interiores e exteriores na botella.





No hay comentarios:

Publicar un comentario