miércoles, 15 de enero de 2025

RECICLAXE TÉXTIL NO SECTOR DA MODA

 

Hoxe, Juan Meijide, Xerente de Insertega,  visitounos para falarlle ao noso alumnado de reciclaxe aplicada ao sector da moda. Fronte ao modelo económico lineal tradicional, baseado principalmente no concepto de  “usar e tirar”, e que require de grandes cantidades de materiais e enerxía, Insertega promove un modelo circular; isto é, reutiliza e  recicla materiais e produtos téxtiles estendendo o seu ciclo de vida  e reducindo  os residuos ao mínimo. Meijide explicou as fases que se seguen no ciclo completo no que ser reduce a pegada de carbono.

a.       Recollida dos   téxtiles, mediante colectores dos produtos con problemas de calidade ou non  

       vendidos.
b.       Clasificación manual e/ou automática. (Aproveitase o 92% dos refugallos que  chegan)
c.       Procesado dos tecidos saídos da fiatura.
d.       Reciclado e preparación para o novo téxtil
e.       Produción téxtil.
f.        Comercialización do produtos para fabricación de mobles, casas, roupa a medida,... .

        Foi unha interesante sesión informativa sobre o labor realizado pola Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaje Textil de Galicia (Insertega), líder en Galicia na reciclaxe téxtil e un referente en sostenibilidade, desenvolvendo solucións que benefician o medio ambiente. Grazas por contribuír á concienciación sobre a  importancia da reciclaxe e apostar pola economía circular. 

lunes, 13 de enero de 2025

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XANEIRO

Comezamos o 2025 cunha nova pequena mostra dos alimentos frescos que se producen na contorna. Lembremos que consumir produtos locais axuda a acadar unha menor pegada ecolóxica ao reducir os custos ambientais.

Acompañamos esta pequena exposición cunha pílula informativa sobre as calidades dos produtos que amosamos, así como dun novo punto para que nos concienciemos no consumo dos mesmos:

Apoio á economía local: Comprar produtos locais fomentan a economía da rexión, apoiando aos agricultores e produtores locais, o que tamén pode promover a biodiversidade agrícola e a preservación dos ecosistemas locais.