Hoxe, Juan Meijide, Xerente de Insertega, visitounos para falarlle ao noso alumnado de reciclaxe aplicada ao sector da moda. Fronte ao modelo económico lineal tradicional, baseado principalmente no concepto de “usar e tirar”, e que require de grandes cantidades de materiais e enerxía, Insertega promove un modelo circular; isto é, reutiliza e recicla materiais e produtos téxtiles estendendo o seu ciclo de vida e reducindo os residuos ao mínimo. Meijide explicou as fases que se seguen no ciclo completo no que ser reduce a pegada de carbono.
a. Recollida dos téxtiles, mediante colectores dos produtos con problemas de calidade ou non
vendidos.
b. Clasificación manual
e/ou automática. (Aproveitase o 92% dos refugallos que chegan)
c. Procesado dos tecidos
saídos da fiatura.
d. Reciclado e preparación
para o novo téxtil
e. Produción téxtil.
f. Comercialización do produtos para fabricación de mobles, casas,
roupa a medida,... .
Foi unha interesante sesión informativa sobre o labor realizado pola Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaje Textil de Galicia (Insertega), líder en Galicia na reciclaxe téxtil e un referente en sostenibilidade, desenvolvendo solucións que benefician o medio ambiente. Grazas por contribuír á concienciación sobre a importancia da reciclaxe e apostar pola economía circular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario