lunes, 31 de marzo de 2025

Proxecto estudo do ciclo vital dos vermes de seda




Un dos proxectos que se levaron a cabo no Club de Ciencia o curso pasado, foi o estudo do ciclo vital dos vermes de seda. O verme de seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, cuxo nome científico é Bombyx mori.

O seu ciclo vital divídese nas seguintes fases:

  • Ovos: permanecen en estado latente ata que as condicións ambientais son propicias para o seu desenvolvemento..

  • Larva: os ovos eclosionan e sae unha larva que mudará a pel catro veces a medida que aumenta o seu tamaño ata chegar á fase adulta que lle permita realizar o casulo de seda.

  • Crisálida ou pupa: no interior do casulo seguirá medrando e mudando ata que sufra a metamorfose e se transforme nun animal adulto (bolboreta).

  • Adulto: ao saír do casulo buscará parella para copular e poñer ovos que darán lugar a seguinte xeración.

Este curso retomas o noso proxecto empregando os ovos que tiñamos gardados do curso anterior nunha caixa as escuras, podremos observas as diferentes fases ata chegar a formación da crisálida, e saída do casulo da bolboreta.

Este estudo levarase a cabo tanto na aula como na casa, xa que levaran algunhas larvas para proceder o seu coidado e observar a evolución de primeira mán.

 





Terceira reunión 2º Trimestre

 

ESTUDIO DO FENÓMENOS DE DIFRACCIÓN

 


 

O luns, 31 de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 1º ESO, participou nun taller onde puideron experimentar co fenómeno de difracción da luz.

Entre os diversos experimentos que se puideron facer coa axuda dun láser destacamos: comprobación da lei de Snell, observación do fenómeno da difracción da luz, creación de patróns de interferencia, comprobación do Principio de Huygens e experimento da dobre grella. Tamén puideron comprender o funcionamento dos láseres e como se pode determinar a separación entre pistas dun CD.







 

Terceira reunión 2º Trimestre

 

 CIRCUITOS CON PLASTILINA CONDUTORA

 


 

O luns 31 de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 4º ESO e Bacharelato participou nun taller que consistía en elaborar plastilina condutora e illante coa que posteriormente debían elaborar un circuito empregando unhas pilas e uns led de cores. Primeiro elaboraron a plastilina con materias cotiás (fariña, auga, zume de limón, sal, aceite de cociña e colorante). Para que a plastilina sexa condutora precisa que na súa composición haxa sal mentres que se non se quere condutora o que se lle ten que engadir é azucre.

Unha vez feita a plastilina había que formar un circuito co que se pretende encender uns leds (en serie, en en paralelo, ....) a creatividade do alumnado puidose comprobar cos circuitos elaborados que se poden observar nas seguintes fotografías.

 









Terceira reunión 2º Trimestre

 

 EXPERIENCIAS DE PAPIROFLEXIA: TENSIÓN SUPERFICIAL E CAPILARIDADE

 

 

O luns, 31 de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 2ºe 3º ESO participou nun obradoiro de papiroflexia no que se fixeron diferentes experimentos. O primeiro con flores e estrelas de papel puideron aprender máis sobre a capilaridade que presenta as fibras do papel e como se van abrindo os petalos que se encontran pregados polo efecto da capilaridade. O seguinte experimento consistiu na creación dun foguete que fixeron voar polo efecto da presión do aire. para rematar estas experiencias tan interesantes e motivadoras, fixeron un barco de papel e puideron experimento coa tensión superficial da auga e como cunha gota de xabón rompe esa tensión liberando o barco que empeza a moverse só pola auga.







sábado, 22 de marzo de 2025

XVIII FEIRA MATEMÁTICA

 



Este sábado, 22 de marzo, celebrouse na Coruña a décima oitava edición da Feira Matemática, organizada pola Universidade da Coruña e Agapema. O Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema participou nesta actividade coa participación do alumnado de 4º, 1º Bacharelato e 1º CM. María, Mateo, Lara, Sandra, Laura, Ainara, Alicia e Óscar en representación do Club de Ciencias tiveron un papel destacado facendo desfrutar aos asistentes con xogos matemáticos e maxia.

Durante a xornada os asistentes podían participar en distintos concursos como o de Fotografía matemática; neste último gañou unha compañeira do noso centro, Laura Ferreiro Suárez de 3º de ESO, coa fotografía “Refracción”. Podedes observar as fotografías dos nosos representantes na actividade aos que lles resultou unha xornada moi positiva e enriquecedora.





viernes, 21 de marzo de 2025

DESCUBRINDO A ENERXÍA

 



O Club de Ciencia levou a cabo un proxecto sobre a enerxía coa participación do alumnado de FPB II: Zaira, Joel, Laura, Javier e Daniel. Unha vez adquiridos os coñecementos sobre as diferentes fontes de enerxía (renovable e non renovable) e as centrais eléctricas que temos hoxe en día en funcionamento, o alumnado elaborou unha maqueta de cada unha das seguintes centrais: térmica, biomasa, nuclear, solar e hidroeléctrica. Isto permitiu que se profundizase máis sobre as partes que as constitúen e sobre o seu funcionamento.

Coincidindo co Día Mundial da Auga, día 21 de marzo, realizouse unha exposición do traballo realizado facendo fincapé na importancia de coidar a natureza e diminuír o consumo tanto da enerxía eléctrica como da auga.

Foi unha actividade moi motivadora e interesante para o alumnado.




lunes, 17 de marzo de 2025

Segunda reunión segundo trimestre

 

 ESTUDIO DO FENÓMENOS DE DIFRACCIÓN



O luns, 17 de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 2º e 3º ESO, participou nun taller onde puideron experimentar co fenómeno de difracción da luz.

Entre os diversos experimentos que se puideron facer coa axuda dun láser destacamos: comprobación da lei de Snell, observación do fenómeno da difracción da luz, creación de patróns de interferencia, comprobación do Principio de Huygens e experimento da dobre grella. Tamén puideron comprender o funcionamento dos láseres e como se pode determinar a separación entre pistas dun CD.







Segunda reunión segundo trimestre

 

 CIRCUITOS CON PLASTILINA CONDUTORA




O luns 17 de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 1º ESO participou nun taller que consistía en elaborar plastilina condutora e illante coa que posteriormente debían elaborar un circuito empregando unhas pilas e uns led de cores. Primeiro elaboraron a plastilina con materias cotiás (fariña, auga, zume de limón, sal, aceite de cociña e colorante). Para que a plastilina sexa condutora precisa que na súa composición haxa sal mentres que se non se quere condutora o que se lle ten que engadir é azucre.

Unha vez feita a plastilina había que formar un circuito co que se pretende encender uns leds (en serie, en en paralelo, ....) a creatividade do alumnado puidose comprobar cos circuitos elaborados que se poden observar nas seguintes fotografías.