O Club de Ciencia levou a cabo un proxecto sobre a enerxía coa participación do alumnado de FPB II: Zaira, Joel, Laura, Javier e Daniel. Unha vez adquiridos os coñecementos sobre as diferentes fontes de enerxía (renovable e non renovable) e as centrais eléctricas que temos hoxe en día en funcionamento, o alumnado elaborou unha maqueta de cada unha das seguintes centrais: térmica, biomasa, nuclear, solar e hidroeléctrica. Isto permitiu que se profundizase máis sobre as partes que as constitúen e sobre o seu funcionamento.
Coincidindo co Día Mundial da Auga, día 21 de marzo, realizouse unha exposición do traballo realizado facendo fincapé na importancia de coidar a natureza e diminuír o consumo tanto da enerxía eléctrica como da auga.
Foi unha actividade moi motivadora e interesante para o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario