lunes, 19 de enero de 2026

Fabricación dun electroscopio caseiro

 


Hoxe, 19 de xaneiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 1º e 2º ESO, participou nunha actividade relacionada coas cargas presentes na materia. Primeiro fíxose un recordatorio da composición da materia e observaron como diferentes prendas de roupa poden estar formadas por diferentes substancias (lá, poliéster e acrílico). Segundo se empregue un material ou outro pódese obter cargas de diferente signo, por exemplo fretándoas cun globo. Foi moi interesante observar como o fretar o globo cunha chaqueta de lá podía atraer o pelo ou incluso púidose separar a pementa do sal pola atracción que o globo xera sobre ela. Para rematar esta actividade elaborouse un electroscopio caseiro empregando materiais cotiás: frasco de vidro con tapa, arame, papel de aluminio e plastilina.










Deseño dunha casa de paxaros

 



Hoxe, 19 de xaneiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 3º, 4º ESO e bacharelato, participou nunha actividade na que se lles propoñía deseñar unha casa para paxaros. Mediante o emprego dun programa informático, deseñaron as diferentes pezas que a constitúen. Despois de rematar o deseño procederon a elixir o material máis adecuado para a seu corte e montaxe. Coa cortadora láser e nunha lámina de madeira, cortáronse as pezas e posteriormente fóronse pegando ata rematar a montaxe. Pódese ver nas imaxes o proceso e o resultado final. O obxectivo da actividade é, unha vez rematada a casiña, colocala nunha árbore para observar se se produce nela o aniñamento dalgunha ave.






jueves, 15 de enero de 2026

TALLER DE CONTOS CIENTÍFICOS

CONTOS CIENTÍFICOS



O alumnado de 3º ESO e o de FPB II participaron nun taller, coa colaboración do Club de Ciencia e o equipo de Dinamización Lingüística, no que tiñan que elaborar un conto empregando o vocabulario científico aprendido neste primeiro trimestre, palabras como: álxebra, polinomio, igualación, bureta, elemento, Copernicio, átomo ou orbital son as elexidas polo alumnado para a elaboración das diferentes historias científicas. A primeira tarefa a que se enfrontaron foi a creación dun minilibro mediante papiroflexia. Unha vez superada esta etapa, o seguinte paso foi a creación do conto empregando as palabras antes mencionadas. A portada co seu título e a contraportada coa firma do autor da obra literia creada no taller foron os primeros pasos que tiveron que superar ata rematar a historia escribindoa en todas as páxinas do minilibro. 

Foi unha actividade diferente na que as letras e as ciencias traballaron xuntas, moi motivadora e interesante para o alumnado participante. Pódese observar o resultado nas seguintes imaxes.