jueves, 29 de enero de 2026

CREANDO CIRCUITOS

 


Hoxe, 29 de xaneiro, o alumnado de FPB II en colaboración co Club de Ciencias participou nun reto no que debían realizar a montaxe dun circuito eléctrico empregando o material de Polos Creativos. Non só tiveron a oportunidade de discutir sobre como realizar a montaxe tanto en serie como en paralelo senón tamén deberon construír unha pila con patacas, moedas e cravos para poder encender unha luz led.

A actividade foi moi motivadora para o alumnado que non só aprendeu sobre electricidade senón tamén sobre a composición nutricional das patacas e a súa importancia na alimentación.





No hay comentarios:

Publicar un comentario