miércoles, 11 de febrero de 2026

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS NO IGFAE



mércores 11 de febreiroNazaret Álvarez Fernández e María Pérez Rojo, alumnas de 1º Bacharelato, acompañadas pola profesora de Física e Química Begoña Raña, e co gaio da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, participaron na Masterclass de Física de Partículas organizada polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías).

 

As actividades organizadas para esta xornada comezaron cunhas charlas, a primeira de física de partículas e a segunda sobre os detectores empregados para identificar as partículas elementais. Na primeira e dun xeito moi visual, puidemos viaxar dende as partículas máis grandes como as galaxias ata as máis pequenas que inclúen non só os átomos senón tamén as partículas subatómicas como o protón, o electrón e o neutrón, incluíndo outras partículas elementais como os quarks, os bosóns…

 

Unha vez rematada a primeira charla puidemos afondar sobre as partes que constitúen os detectores. Empregando os aceleradores de partículas unido o detector adecuado pódese identificar as partículas fundamentais.

 

Na sesión práctica que se desenvolveu coa axuda dun ordenador conseguimos identificar  as partículas como electróns, neutrinos, muóns e identificar as súas cargas. Con eses datos, poidemos identificar as partículas orixinarias.

 

Esta xornada foi moi interesante xa que traballamos como verdadeiras científicas.

 

Para rematar a xornada, compartimos os nosos datos con outros estudantes e científicos a través dunha videoconferencia co CERN.

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario