martes, 19 de mayo de 2026

XORNADA FORMATIVA NA EGAP: "A CIENCIA QUE NOS UNE"


Hoxe, a profesora de Física e Química pertencente o Club de Ciencia, participou na I Xornada de Redes de Clubs de Ciencia “A ciencia que nos une”, celebrada na EGAP en Santiago de Compostela, un encontro para compartir experiencias, crear conexións e seguir impulsando a ciencia nos centros educativos galegos a través do traballo en rede.

Estas xornadas supoñen unha oportunidade moi valiosa para o profesorado, xa que permiten compartir experiencias, acceder a novos recursos e seguir fomentando a curiosidade, a innovación e o pensamento científico nas aulas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario