PARTICIPAMOS NA ROMERÍA CIENTÍFICA
O Club de Ciencias participou o pasado 10 de maio no XXIX Día da Ciencia na Rúa, celebrada no parque de Santa Margarida da Coruña, arredor da Casa das Ciencias, onde se sitúa o núcleo fundamental desta romaría científica.
Un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, e de 1º Bacharelato pertencentes ao Club de Ciencia, atenderon un stand no que se ofrecían distintas actividades relacionadas coa ciencia: xogos matemáticos, extracción de ADN, explicación do ciclo vital dos vermes de seda e elaboración de perfumes caseiros, ou de slime.
Así mesmo, puidemos ensinarlles ás persoas que pasaron pola nosa caseta pequenos experimentos científicos baseados na tensión superficial, capilaridade e electricidade.
Unha xornada chea de novas experiencias na que representantes do noso club tiveron a oportunidade de presentar algunhas das actividades e experimentos realizados durante o curso, ante un público que se amosou moi interesado ante a experiencia compartida. dende o stand do Club de Ciencia do IES Maximino Romero de Lema.
Parabéns
a todos e a todas por representarnos tan ben neste marabilloso día
científico!









No hay comentarios:
Publicar un comentario