NAVEGANDO POLO UNIVERSO
Outra das actividade de gran éxito neste primeiro día da
Semana Cultural foi a proposta dende o Club de Ciencia que consistiu nunha
viaxe polo espazo interestelar e dirixida por Íñigo de la Quadra-Salcedo da que
puido gozar o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO grazas a un planetario móbil de
última xeración en cuxa bóveda de 5
metros de diámetro se proxectaban secuencias dinámicas do Universo.
A bordo dunha nave espacial o alumnado viaxou polo Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar. Coñeceu diversos aspectos relacionados coa astronomía e o coñecemento do Universo desde a definición e historia da astronomía, os movementos planetarios, o cambio de estación, a variación entre o día e a noite, as fases lunares, eclipses, etc. Ata tiveron a oportunidade de “pisar” a Lúa cos seus enormes cráteres e que case os “esmaga”
Unha viaxe inesquecible que quedará gravada por moito tempo nas retinas dos nosos rapaces e rapazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario