XOGOS COA MAKEY-MAKEY
O martes, 14 de maio, o
alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de robótica desenvolvido por MAKER
STORE. As ponentes, Flor e Cati, ensinaron o alumnado a realizar xogos mediante
o uso da placa Makey-Makey, unha placa electrónica, similar ao mando dunha
videoconsola, que permite unir obxectos cotiáns creando paneis táctiles
(enviando ordes ao ordenador ao que se atope conectado).
Para o deseño do xogo -a creación dun xogo de canastra- empregaron vasos de cartón, cartón, papeis de cores e papel de alumnino xunto coa súa creatividade e orixinalidade. Crearon un circuíto eléctrico no que a placa actuaría pechando ese circuíto e enviando ordes. Con scratch programaron os xogos creando animacións, música, contando a puntuación das canastras …. Non cabe outra que felicitar os e as participantes polos seus deseños!
Eles e elas gozaron e asemade aprenderon robótica nunha actividade lúdica e divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario