RECICLAMOS OS NOSOS RESIDUOS ORGÁNICOS
Un dos piares
fundamentais do proxecto deste curso no noso Club de Ciencia é a reciclaxe.
Parte fundamental deste é a transformación dos residuos orgánicos dos nosos
fogares en fertilizantes para as nosas plantas, hortos, xardíns....
É esencial concienciar o noso noso alumnado na importancia de reciclar a materia orgánica para axudar a reducir a cantidade de residuos que rematan nos colectores do lixo e así axudar a frear o cambio climático. Por iso, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tiveron unha charla, na mañá de hoxe, sobre esta temática.
Manolo Domínguez, biólogo e educador ambiental, comezou amosando como realizar unha selección dos residuos para logo facer fincapé na importancia de compostar nas
casas. Por último explicou polo miúdo os pasos a seguir para elaborar unha boa
compostaxe. A charla, que foi moi amena, axudou a concienciarnos sobre a
necesidade de reducir a cantidade de residuos, á vez que nos presenta unha opción
do seu aproveitamento. Un modelo de economía circular en beneficio de todos e
todas porque se reduce a factura de recollida de residuos, xérase un recurso que acrecenta a fertilidade
das nosas terras e reducimos a emisión
de gases invernadoiros. Isto si que é unha reciclaxe efectiva!
Esta actividade forma parte dunha campaña do Concello de Zas que pretende difundir a compostaxe doméstica. O
Alcade de Zas, Manuel Muíño, e a Concelleira de Educación Pilar García,
animáronnos a poñer en práctica esta aprendizaxe para ser respectuosos co medio
e minimizar a nosa pegada ambiental. E nós pensamos poñelo en práctica no noso Centro.