martes, 15 de octubre de 2024

Petiscos de Ciencia 2024

 HOLOGRAFÍA CASEIRA


Neste vídeo, que se presentou o concurso de petiscos de Ciencia 2024, ten como obxectivo explicar como realizar unha holografía caseira. Os materiais necesarios para a súa realización son: unha pirámide truncada de plástico transparente, un teléfono móbil e un vídeo holográfico. A holografía é unha técnica que nos permite obter unha imaxe 3 D a partir de catro imaxes 2D. Nesta caso o fenómeno que se observar é a reflexión da luz e a formación da imaxe no centro da pirámide, tratase máis dunha ilusión óptica que dunha holografía real. 


Petiscos de Ciencia 2024

 A FLUORESCENCIA NA COMIDA



Éste é un dos vídeos que se presentaron o concurso de Petiscos de Ciencia 2024. No vídeo explicase o concepto de fluorescencia. A fluorescencia é unha característica que presentan determinadas substancias de emitir radiación cando se lles fai incidir outra radiación. Neste caso a radiación empregada é a dunha lámpada ultravioleta. Como substancia empregáronse: espinacas, tónica é gasosa.

As espinacas, presentan na súa composición un pigmento chamado clorofila. Esta substancia presenta fluorescencia igual que a quinina presente na tónica. As espinacas precisan que se mesturen con alcohol para extraer o pigmento que nos interesa estudar, a clorofila. Tras filtrar a mestura gárdase nun vaso de precipitados. As demáis substancias non necesitan preparación, directamente vértense nun vaso de precipitados para o seu estudo posterior. Unha vez  lles facemos incidir a radiación ultravioleta, observamos o seu comportamento. No caso da clorofila e da tónica observarse unha emisión de luz, mentres se lles fai incidir a radiación da lámpada, efecto que deixa de producirse o apagala. Porén, no caso da gasosa non se observar ningunha modificación. Podemos distinguir a tónica da gasosa sen probala? 

Petiscos de Ciencia 2024

 ENCIMAS A CATALASA DA PATACA


Neste vídeo, que se presentou o concurso de petiscos de Ciencia 2024, ten como obxectivo estudar a acción catalítica da catalasa, un enzima presente na pataca, e a modificación da súa actividade segundo as condicións da reacción (temperatura e pH). Os enzimas son biocatalizadores que serven para acelerar procesos, son substancias de natureza proteica que catalizan reaccións químicas sempre que sean termodinámicamente favorables. Unha vez rematada a reacción química recupéranse sen alterarse. A catálise prodúcese mediante unha baixada da enerxía de activación da reacción. Sen embargo, son moi sensibles a cambios de pH e temperatura, pois perden a súa estrutura e xa non son capaces de realizar a catálise.

A catalasa acelera a reacción da disociación do peróxido de hidróxeno en auga e osíxeno.

Pódese comprobar no vídeo como a pataca crúa, presenta o enzima activa é reacciona rapidamente co peróxido de hidróxeno. Se a reacción ocorre en medio ácido (na presenza de zume de limón) non reacciona xa que o enzima atopase inactivada. No caso de que a pataca se atope cocida a reacción co peróxido de hidróxeno, non se produce. A temperatura a que se coceu a pataca provocou a desnaturalización das proteínas e polo tanto a inactivación do enzima. Isto provoca que non se produza a reacción co peróxido de hidróxeno.



Petiscos de Ciencia 2024

 FABRICANDO PURPURINA


Éste é un dos vídeos que se presentaron o concurso de Petiscos de Ciencia 2024. No vídeo explicase o concepto de solubilidade, é dicir, a capacidade dunha substancia para disolverse noutra. Se se disolve é soluble e se non se disolve dise que é insoluble. Mediante unha reacción química entre o nitrato de chumbo e o ioduro potásico, obterase un composto insoluble que precipitará na disolución, formado purpurina, este composto é o ioduro de chumbo.

Petiscos de Ciencia 2024

 FLUIDO NON NEWTONIANO


Neste vídeo que se presentou o concurso de Petiscos de Ciencia 2024 ten como obxectivo explicar como se pode obter un fluído non Newtoniano a partir de materiais cotiás. So se necesita unha pouca maicea, auga, un bol e unha culler. Un fluido non newtoniano é un fluído cuxa viscosidade varía ben sexa coa temperatura ou coa tensión aplicada. Cando se lle aplica unha tensión poden chegar a comportarse como un sólido, debido a reorganización que se produce non seus átomos.

lunes, 7 de octubre de 2024

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MES DE OUTUBRO

 

Un mundo novo é seguro, pero nada nos asegura que sexa mellor se non tomamos cartas no asunto, e o consumo é o principal piar para acadar ese mundo. Poucas veces somos máis importantes na sociedade que cando tomamos a decisión de consumir: roupa, combustibles... pero tamén alimentos. Canto tempo lle dedicamos a analizar as consecuencias do noso consumo de alimentos? É fundamental, como ben sabemos no noso Club de Ciencias, polo que decidimos axudar á Comunidade Educativa a reflexionar sobre o seu consumo de alimentos.

O noso proxecto vaivos traer cada mes unha mostra dos alimentos con pegada cero, é dicir, alimentos que se producen na nosa contorna e que polo tanto reducen custos ambientais ao tempo que axudan aos produtores locais.

Unha das máximas do ecoloxismo marcaba que debemos pensar globalmente pero actuar localmente e nesa liña se enmarca a nosa iniciativa: Dálle unha volta ao teu consumo!

Presentación vídeos Petiscos de Ciencia

 PRESENTACIÓN VÍDEOS

O profesorado dos diferentes departamentos: Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Informática dentro do Club de Ciencia 2024-25, presentaron uns vídeos sobre diferentes experimentos científicos para participar no concurso Petiscos de Ciencia. Nas seguintes entradas aparecerán publicadas os diferentes traballos que abranguen: reaccións enzimáticas, fluorescencia, cultivo de bacterias, fluído Newtoniano, reaccións químicas, …
Foi unha actividade moi motivadora para o alumnado participante que pertence os grupos de 3º e 4º ESO.