jueves, 3 de junio de 2021

 

DEFENDEMOS OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

     O pasado venres, o alumnado de 3º ESO  realizou unha saída didáctica para coñecer os Penedos de Traba e Pasarela  e  protestar contra a instalación dun parque eólico nunha das Paisaxes Naturais Protexidas máis emblemáticas da Costa da Morte.

    Despois de estudar na aula a formación e os valores científicos e culturais desta paisaxe granítica  única no mundo, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer in situ os penedos máis singulares e subir ata a Torre da Moa, desde  onde puideron gozar das impresionantes vistas da Lagoa e o areal de Traba.

    Tamén recitamos poesía ao pé da pedra multiforme e fixemos un safari fotográfico .

    Rematamos a nosa viaxe nas dunas e na praia de Traba , onde refrescamos os pés nas augas deste mar bravo que desta vez estaba en calma.


 

 

sábado, 22 de mayo de 2021

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA IMPARTIDO

 POLO ALUMNADO DE INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN DE 2ºESO

Outra actividade do club desenvolvida durante Semana Cultural foi un obradoiro de robótica que impartiu o alumnado de 2º da ESO de Iniciación á programaciónca ao resto de compañeiros/as . Cada alumno fixo de monitor dun/dunha compañeiro/a d. Para iso utilizáronse uns robots móbiles programables cunha tarxeta Arduino UNO construídos polo alumnado de 4ºESO.

O obradoiro consistiu en programar o robot móbil para que seguise uns percorridos determinados en forma de figuras xeométricas. Para programalos utilizouse unha contorna de programación baseada en  Scratch chamada mBlock, e unha extensión propia creada no noso centro chamada Movebot cos seguintes bloques.


    O obradoiro foi un éxito e gustou moito, e os monitores fixérono realmente ben!! Velaquí podedes ver unhas imaxes dun dos robots