martes, 16 de mayo de 2023

A Maxia da Química

A MAXIA DA QUÍMICA

O alumnado de 2º ESO e 1º FPB gozou dun segundo día científico na Semana Cultural; durante dúas sesións conducidas pola química Elena López descubriron dun xeito lúdico as diferentes propiedades das substancias.

Entre as actividades desenvoltas estaba a de Química na cocina: fixo unha demostración de como se pode empregar a col lombarda como indicador de acidez dunha disolución. Deste xeito determínase o pH de substancias de uso común nos nosos fogares: leite, vinagre, lixivia… e así achegoulles aos/ás alumnos/as o concepto de ácido-base.

Outra demostración foi Química á hora do té: o té é unha bebida refrescante e tamén pode axudar aos/ ás estudantes a aprender sobre reaccións químicas importantes como o demostrou Elena cuns sinxelos experimentos feitos con infusións. O alumnado familiarizouse con contidos de substancias oxidantes e redutoras mediante un exemplo de reacción de oxidación do iodo coa vitamina C.

Finalmente puideron observar de primeira man os dous tipos de reaccións químicas en función da enerxía liberada ou absorbida. 

sábado, 13 de mayo de 2023

Experimentamos con resina epoxi

 

OBRADOIRO DE XOIERÍA

    Na tarde de hoxe luns o alumnado de 2º ESO participou nun taller de xoiería artesá organizado dende o Club de Ciencia Baiociencia no que experimentou coa resina epoxi para facer diferentes pezas. Con anterioridade colléranse flores silvestres de diferentes plantas e deixáranse secar para a súa posterior utilización; houbo tamén a opción de reutilizar dispositivos electrónicos.

Para comezar preparouse a mestura da resina epoxi co endurecedor. Tras proceder a colocación das flores, colorantes, purpurina, os diodos e outros adornos engadiuse a resina nos moldes xa preparados e púidose elaborar diferentes tipos de colgantes, aneis ou chaveiros. Un pouco de imaxinación é o que se precisou para elaborar as diferentes pezas. Unha vez vertida a mestura no molde deixouse secar durante 24 horas e a continuación desmoldáronse as pezas. Finalmente aos que eran chaveiros colocáronse os enganches. A verdade é que quedou todo moi chulo! 


miércoles, 10 de mayo de 2023

Termos tecnolóxicos. 2º capítulo


  O alumnado de 2º curso de Ciclo Básico de FP de Informática de Oficina iniciou o curso pasado un proxecto inspirado no programa DígochoEu da CRTVG no que achegaba termos tecnolóxicos en galego dun xeito divertido.

Aquí tedes o capítulo 2º deste proxecto realizado polo alumnado de 1ºCM de Sistemas Microinformáticos e Redes para participar nos premios especiais do xurado de DígocheEu

Observade e aprendede! 😀

domingo, 7 de mayo de 2023

Feira Científica

                                             PARTICIPAMOS NA ROMARÍA CIENTÍFICA

O Club de Ciencias participou este sábado, 6 de maio, no XXVII Día da Ciencia na Rúa celebrada no parque de Santa Margarida da Coruña, arredor da Casa das Ciencias, no que se ubica o núcleo fundamental desta romaría científica. Andrea, José, Óscar, Alicia, Juliana Sofía, María e Samuel atenderon un stand no que se ofertaban distintas actividades relacionas coa ciencia: xogos matemáticos, identificación de pigmentos vexetais, extracción do ADN, elaboración de perfumes e clasificación das substancias en ácidos e bases.

Unha xornada chea de novas experiencias na que representantes do noso club de ciencias presentaron algunhas das actividades e experimentos realizados durante o curso ao público asistente que se amosou moi interesado ante a experiencia compartida dende o stand do Club de Ciencia do IES Maximino Romero de Lema.

Parabéns a todos e a todos por representarnos tan ben neste marabilloso día científico! 

viernes, 28 de abril de 2023

Fotografía matemática.

 

Aquí vos deixamos as fotos do proxecto de Fotografía Matemática máis destacadas das realizadas durante este curso e que foron todas colgadas no taboleiro de matemáticas.