A MAXIA DA QUÍMICA
O alumnado de 2º ESO e 1º FPB gozou dun segundo día científico na Semana Cultural; durante dúas sesións conducidas pola química Elena López descubriron dun xeito lúdico as diferentes propiedades das substancias.
Entre as actividades desenvoltas estaba a de Química na cocina: fixo unha demostración de como se pode empregar a col lombarda como indicador de acidez dunha disolución. Deste xeito determínase o pH de substancias de uso común nos nosos fogares: leite, vinagre, lixivia… e así achegoulles aos/ás alumnos/as o concepto de ácido-base.
Outra demostración foi Química á hora do té: o té é unha bebida refrescante e tamén pode axudar aos/ ás estudantes a aprender sobre reaccións químicas importantes como o demostrou Elena cuns sinxelos experimentos feitos con infusións. O alumnado familiarizouse con contidos de substancias oxidantes e redutoras mediante un exemplo de reacción de oxidación do iodo coa vitamina C.
Finalmente puideron observar de primeira man os dous tipos de reaccións químicas en función da enerxía liberada ou absorbida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario