lunes, 3 de febrero de 2025
DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO
miércoles, 15 de enero de 2025
RECICLAXE TÉXTIL NO SECTOR DA MODA
Hoxe, Juan Meijide, Xerente de Insertega, visitounos para falarlle ao noso alumnado de reciclaxe aplicada ao sector da moda. Fronte ao modelo económico lineal tradicional, baseado principalmente no concepto de “usar e tirar”, e que require de grandes cantidades de materiais e enerxía, Insertega promove un modelo circular; isto é, reutiliza e recicla materiais e produtos téxtiles estendendo o seu ciclo de vida e reducindo os residuos ao mínimo. Meijide explicou as fases que se seguen no ciclo completo no que ser reduce a pegada de carbono.
a. Recollida dos téxtiles, mediante colectores dos produtos con problemas de calidade ou non
vendidos.
b. Clasificación manual
e/ou automática. (Aproveitase o 92% dos refugallos que chegan)
c. Procesado dos tecidos
saídos da fiatura.
d. Reciclado e preparación
para o novo téxtil
e. Produción téxtil.
f. Comercialización do produtos para fabricación de mobles, casas,
roupa a medida,... .
Foi unha interesante sesión informativa sobre o labor realizado pola Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaje Textil de Galicia (Insertega), líder en Galicia na reciclaxe téxtil e un referente en sostenibilidade, desenvolvendo solucións que benefician o medio ambiente. Grazas por contribuír á concienciación sobre a importancia da reciclaxe e apostar pola economía circular.
lunes, 13 de enero de 2025
DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XANEIRO
Comezamos o 2025 cunha nova pequena mostra dos alimentos frescos que se producen na contorna. Lembremos que consumir produtos locais axuda a acadar unha menor pegada ecolóxica ao reducir os custos ambientais.
Acompañamos esta pequena exposición cunha pílula informativa sobre as calidades dos produtos que amosamos, así como dun novo punto para que nos concienciemos no consumo dos mesmos:
Apoio á economía local: Comprar produtos locais fomentan a economía da rexión, apoiando aos agricultores e produtores locais, o que tamén pode promover a biodiversidade agrícola e a preservación dos ecosistemas locais.
lunes, 16 de diciembre de 2024
Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre
REALIDADE AUMENTADA E INMERSIVA
Terceira sesión que tivo lugar no IES Maximino Romero de Lema o 16 de decembro de 2024 co alumnado de 1ºESO. Traballaron ferramentas como Piclumen, Luma AI, Copilot e a incorporación de obxectos RA na aula. Finalmente, traballaron con Blockade Labs para xerar imaxes 360º.
Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre
A CATALASA DA PATACA
Na reunión do Club de Ciencia do día 16 de decembro, o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato, traballou sobre a catálise enzimática, en concreto a acción catalítica da catalasa, un enzima presente na pataca, e a modificación da súa actividade segundo as condicións da reacción (temperatura e pH). Os enzimas son biocatalizadores que serven para acelerar procesos, son substancias de natureza proteica que catalizan reaccións químicas sempre que sean termodinámicamente favorables. Unha vez rematada a reacción química recupéranse sen alterarse. A catálise prodúcese mediante unha baixada na enerxía de activación da reacción. Sen embargo, son moi sensibles a cambios de pH e temperatura, pois perden a súa estrutura e xa non son capaces de realizar a catálise.
A catalasa acelera a reacción da disociación do peróxido de hidróxeno en auga e osíxeno.
Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre
DECORACIÓN NAVIDEÑA CON RESINA EPOXI E PAPIROFLEXIA
Na terceira reunión do primeiro trimestre, celebrada o día 16 de decembro, o alumnado pertencente o Club de Ciencia dos cursos de 2 e 3º ESO, puideron preparar unhas pezas navideñas empregando resina epoxi e papiroflexia. Unha vez mesturados os dous compostos (resina e o endurecedor) engadimos esa mestura os diferentes moldes, que se puideron decorar con pedra, purpurina ou cores diferentes, só precisan un pouco de creatividade e imaxinación para elaborar os colgantes, os pendentes ou os chaveiros. Unha vez vertida a mestura no molde deixaranse secar durante 24-48 horas.
lunes, 2 de diciembre de 2024
DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: DECEMBRO
Velaquí vos deixamos unha pequena mostra de alimentos frescos que se producen na nosa contorna no
mes de decembro cos que podemos axudar a acadar unha menor pegada ecolóxica ao
reducir os custos ambientais. Ademais vai acompañada dunha nova pílula
informativa para que todos e todas reflexionemos sobre esta cuestión:
Uso eficiente de recursos: Os alimentos locais están na súa tempada óptima, o que implica que se cultivaron en condicións máis naturais e eficientes. Iso evita o uso excesivo de enerxía, pesticidas e fertilizantes que se empregan a miúdo para producir alimentos fóra de tempada ou en condicións non ideais.































