TAUMÁTROPOS
Un taumatropo é un xoguete óptico que se emprega
para producir a sensación de movemento nas imaxes. Consiste nun disco cunha
imaxe en cada unha das súas caras. Crese que foi inventado por John Ayrton no
século XIX coa intención de demostrar aos seus colegas do Real colexio de
Físicos o principio de persistencia da visión.
Hoxe o alumnado de 3º da ESO e, despois no recreo, un grupo de alumnas de 1º da ESO tiveron un taller de taumátropos do Samaín. A profesora Luchy ensinounos a facer diferentes figuras de ilusión óptica, vampiros, bruxas, esqueletos... e poidemos comprobar o principio de persistencia da visión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario