martes, 5 de abril de 2022

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON PAPEL

 POLA EXPERTA TERESA OTERO 

                

            A tarde do luns, 4 de abril, tivemos a sorte de contar no centro con Teresa Otero Suárez, docente de matemáticas con máis de 40 anos de experiencia e experta en ensinar matemáticas utilizando como ferramenta a papiroflexia. Amosounos algunhas das orixinais construcións que fai con só un papel: un dragón, un Yoda, pendentes, calendarios, todo tipo de figuras matemáticas e arquitectónicas, cadeas de ADN... . Explicou que a papiroflexia serve para aprender e consolidar moitos contidos matemáticos, sexa cal sexa o nivel que un teña.

              Na primeira sesión con 2º de ESO ensinou os fundamentos básicos e o alumnado con moita atención e predisposición realizou un marcapáxinas e un cubo formado por 6 módulos. Na segunda, o alumnado de 1º de ESO construíu un viraventos de dous módulos e un sobre de invitacións a dúas cores; os máis hábiles foron quen de facer un marcapáxinas coma os de 2º.         Foron dúas sesións na que o noso alumnado consolidou e adquiriu coñecementos matemáticos dun xeito divertida.

Grazas Teresa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario