viernes, 29 de abril de 2022

EXPOSICION SOBRE OS SÓLIDOS PLATÓNICOS  


        Temos unha nova exposición no taboleiro do Departamento de Matemáticas realizada por alumnado do Club de Ciencia onde podedes atopar información sobre os sólidos platónicos, isto é dos cinco poliedros que destacan pola súa regularidade ou simetría: o tetraedro (catro triángulos equiláteros), o octaedro (oito triángulos equiláteros), o icosaedro (20 triángulos equiláteros), o dodecadro (12 pentágonos regulares) xunto co cubo (seis cadrados).

        O seu nome provén de que son nomeados polo filósofo grego Platón no seu libro "Timeo" (escrito arredor do ano 360 a.C.), aínda que eran coñecidos desde tempo inmemorial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario